jueves, 6 de marzo de 2008

PRESENTACION

OS BLOGS E OUTRAS FERRAMENTAS DA WEB 2.0

Ninja!

Durante o curso 2005/2006, un grupo de profesores comezamos a interesante aventura de aprender sobre blogs e outras aplicacións de potencial interese educativo. Aquela primeira experiencia de formación ó redor do blog do curso supuxo a posta en marcha de interesantes blogs que se consolidaron.

Cheos de forza e con estímulo suficiente para continuar traballando, no curso 2006/2007 fomos quen de sacar adiante dous grupos de traballo sobre temas relacionados coas novas tecnoloxías e, en concreto, co mundo das aplicacións web 2.0. Creamos un novo blog e fixemos posible a formación dos nosos compañeiros/as. Durante o ano 2007, creamos un novo blog para a Xornada de Portas Abertas 2007 e un dos blogs do noso centro - Blog de Orientación - foi agasallado co segundo premio Edublogs 2007 na modalidade de Blogs de centros.

Somos perseverantes e cremos que hai que loitar cada día, cada mes e cada curso. Por elo, no curso 2007/2008 continuamos con dous grupos de traballo e cun novo blog que leva o título que nos representa: BARBÓN BLOG . Paralelamente, baixo a organización do Departamento de Orientación, creamos un blog para os Premios de Blogs Escolares , unha iniciativa que pretende a potenciación do uso das novas tecnoloxías por parte do noso alumnado.

Complementariamente, apostamos pola formación do profesorado no ámbito das novas tecnoloxías e, en especial, das aplicacións da web 2.0. Neste sentido, ofrecemos o curso sobre "Os blogs e outras ferramentas da web 2.0 ". Un curso sen papeis, práctico e conectado coa necesaria formación do profesorado nas ferramentas da web 2.0. Un curso que pretende sinalar novas tendencias e que quere, sobre todo, axudar ao profesorado na súa tarefa docente.

 

GUÍA DE PRÁCTICAS DO CURSO

GUÍA DE PRÁCTICAS (MÁIS SINXELA)

Daniel Veiga Martínez

Manuel López Méndez

douspuntocero@gmail.com

No hay comentarios: