domingo, 2 de enero de 2011

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO SEN COSTE

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO
INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS (I.T.E.)


PRAZO DE PREINSCRICIÓN
COMEZO
DÍA 10 DE XANEIRO DE 2011 ÁS 12 HORAS
REMATE
DÍA 19 DE XANEIRO DE 2011 ÁS 14 HORAS

O I.T.E. ofrece sesenta cursos de formación no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación na educación que comezarán o día 22 de febreiro de 2011.

miércoles, 9 de junio de 2010

domingo, 14 de marzo de 2010

miércoles, 3 de marzo de 2010

ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO

Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego

Uunha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL consideramos que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Na páxina da campaña (http://www.coordinadoraendl.org/orgullo) explícanse polo miúdo a iniciativa e as vías de participación nela. Para calquera consulta, non dubidedes en enviar os vosos correos a correo@coordinadoraendl.org.

Como se pode participar dende os centros escolares?

1. Envío de vídeos e textos “orgullosos”:

Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

Canle en Youtube: http://www.youtube.com/user/CGENDL

Canle en Vimeo: http://vimeo.com/coordinaendl

Grupo no Facebook: “Nós tamén estamos orgullos@s do galego”

Eventos no Tuenti: “Orgullos@s do Galego”

jueves, 25 de febrero de 2010

CINCO ANOS DO BLOG DE ORIENTACIÓN


1. Spain122,86372.1 %
2. Colombia26,08615.3 %
3. Mexico4,2302.5 %
4. Venezuela2,4521.4 %
5. United States1,9231.1 %
6. Peru1,5540.9 %
7. Argentina1,2620.7 %
8. Chile1,2050.7 %
9. Portugal6540.4 %
10. Ecuador4580.3 %
The rest7,7854.6 %
 Total170,472100.0 %

Contador de visitas

Moitas grazas a todas e todos por facer do Blog de Orientación un recurso útil

lunes, 8 de febrero de 2010

IV PREMIO DE EDUBLOGS 2010


IV Premio Espiral de edublogs 2010

A Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía convoca o IV Premio de Edublogs 2010.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

DATAS PREVISTAS

PRESENTACIÓN DE BLOGS

Do 20 de xaneiro ao 28 de marzo de 2010

PUBLICACIÓN DE FINALISTAS

20 DE ABRIL DE 2010

RESULTADOS FINAIS

6 DE MAIO DE 2010

ENTREGA DE PREMIOS

5 DE XUÑO DE 2010

miércoles, 20 de enero de 2010

I.T.E. -- PrácTICas 2.0

O Ministerio de Educacíon mediante o Instituto de Tecnologías Educativas (ITE), fai recopilación de distintas experiencias educativas.
A modo de Blog publícase experiencias desde distintos lugares da península. Todas elas mostran como empregan Ferramentas da Web 2.0 na aula.
Actividades e experiencias de docentes de distintos niveis educativos: Infantil, Primaria, Secundaria-Bacharelato e Formación Profesional.

Esta iniciativa está dentro do proxecto ESCUELA 2.0.

martes, 5 de mayo de 2009

NORABOA PARA MANUEL LÓPEZ MÉNDEZ


NORABOA PARA O AMIGO MANUEL LÓPEZ MÉNDEZ POR TER ACADADO O 1º PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOGS 2009 NA MODALIDADE DE BLOGS DE FORMACIÓN PROFESIONAL